Concentracións en Pontevedra e O Salnés alertando do aumento das listas de agarda

PONTEVEDRA> Xornada de mobilizacións en defensa da sanidade, alertando do incremento das listas de agarda. Na nosa contorna houbo protestas ás portas do Hospital Provincial, en Pontevedra, e no Hospital do Salnés. Advirten das demoras na atención primara e nas consultas especializadas e as consecuencias que isto está a ter no servizos de urxencias. Reclámanlle á Xunta un incremento do investimento na atención primaria ata acadar o 25% do orzamento do Sergas.

Imaxes como estas sucedéronse este xoves por toda Galicia. Son convocatorias da Plataforma SOS Sanidade Pública para denunciar o incremento das listas de agarda. Na nosa contorna organizaron concentracións ás portas do Hospital do Salnés e tamén en Pontevedra, diante do Hospital Provincial.

Advirten tamén das demoras nas consultas especializadas.

Como consecuencia, advirten da sobrecarga no servizo de urxencias. Ademais de reclamar máis transparencia nas listas de agarda, pídenlle á Xunta que resolva os problemas na atención primaria destinando para ela máis fondos.

Lembran que a saúde non pode ser tratada como un negocio. Nese sentido, denuncian a cada vez máis habitual derivación de pacientes a centros privados, criticando ademais que o Sergas ofreza aos doentes a posibilidade de operarse nun hospital privado nun prazo máis breve, fronte unha espera maior para unha intervención no público.