Os máis maiores de Vilagarcía inícianse na tecnoloxía móbil

VILAGARCIA> A Deputación de Pontevedra rematou en Vilagarcía o curso de iniciación á tecnoloxía dos teléfonos móbil. O taller inclúese dentro do programa “Depo en Marcha” para un envellecemento activo. Os participantes aprenderon diferentes tarefas como facer chamadas ou descargar aplicacións.

Algo que parece tan simple e cotiá como manexar un teléfono móbil, facer chamadas ou descargar aplicacións pode ser unha tarefa moi complicada para aqueles que non coñezan o uso das novas tecnoloxías. Pensando nos mais maiores, a deputación de Pontevedra puxo en marcha un taller en Vilagarcía para ensinarlles a utilizar os teléfonos móbiles.

O aprendizaxe dependía da base de cada participante. Algúns aprenderon a utilizar un móbil por primeira vez e outros a manexar internet.

A actividade forma parte do programa “Depo en Marcha” cuxo obxectivo é o envellecemento activo. A implicación dos participantes permitiu ampliar os contidos do taller.

O curso tivo unha duración de 35 horas. Tempo que os participantes consideraron insuficientes e mostraron o seu desexo de poder realizar máis talleres e seguir aprendendo. A deputación continuará con este programa para mellorar a calidade de vida dos máis maiores.