Preto de 150 pasaxeiros visitan Vilagarcía e a comarca coa chegada dun novo cruceiro

VILAGARCIA> Preto de 150 turistas chegan a Vilagarcía coa visita dun novo cruceiro. A embarcación é a terceira destas características que atraca no porto vilagarcián tras máis dun ano sen escalas. Xunto coa tripulación, foron máis de 400 persoas ás que gozaron da vila e da comarca.

A actividade turística regresou ao Porto de Vilagarcía por todo o alto. En tan só unha semana, tres cruceiros atracaron no porto vilagarcián. Son máis barcos que cos que visitaron a vila nos anos anteriores á pandemia. Nesta ocasión, o cruceiro que arribou foi o Crystal Endeavor, un luxoso cruceiro procedente de Avilés.

O Crystal Endeavor é o modelo de cruceiro que gusta no Porto de Vilagarcía. Buques cun tamaño medio pero cuns pasaxeiros con maior poder adquisitivo.

O Porto conta coa colaboración do servizo de autobuses, de bicicletas de aluguer e do tren urbano para que os visitantes e a tripulación coñezan tanto a vila como o resto de municipios da contorna ou Santiago. O que supón unha fonte de ingresos máis para a comarca.

Dende o Porto de Vilagarcía traballan nas melloras do porto do Ramal para que os cruceiros arriben xusto na vila. Unha mellora que aumentaría o reclamo e as escalas do porto vilagarcián. A visita destes tres cruceiros non serán as únicas deste ano, xa que unha nova embarcación fará escala en Vilagarcía a finais de outubro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí