CCOO e UXT secundarán a marcha mundial polo traballo decente

    mobilizacionccoo_100_300909.jpgRIBEIRA> A Unión comarcal de CCOO celebrou unha asemblea de delegados para analizar a situación laboral trala ruptura do diálogo social.

    {flowplayer}barbanza/mobilizacionccoo.flv{/flowplayer}

    Na asemblea de delegados celebrada na sede comarcal de CCOO en Ribeira analizáronse diversos asuntos centrados nos efectos da crise económica na clase traballadora. Con respecto á reforma fiscal plantexada polo goberno central, CCOO é partidaria de incrementar os impostos para poder facer fronte ás prestacións sociais, aínda que entenden que a reforma non é equitativa xa que supón un maior esforzo para os traballadores.

    Negociación colectiva

    Tamén se abordou a necesidade de retomar a negociación colectiva en Galicia, para o que se desenvolverán diversas asembleas durante o próximo mes. Dende o sindicato apostan ademais pola apertura dun diálogo social fronte ás decisións que está a tomar o goberno da Xunta de xeito unilateral.

    Mobilización

    Coa fin de extender as súas reivindicacións a toda a cidadanía, o próximo mércores día sete secundarán a xornada mundial polo traballo decente cunha manifestación en Santiago que celebrarán conxuntamente con UXT. A delegación comarcal de CCOO no Barbanza porá autobuses gratuitos a disposición das persoas que desexen asistir que sairán ás seis da tarde dende Ribeira.

    Redacción Barbanza