O pasado sábado firmouse o acordo de coalición BNG-PSOE en Pontevedra

    firmabngpsoe_100_300707__still_001.jpgPONTEVEDRA > O acordo de coalición entre socialistas e nacionalistas pontevedreses xa é unha realidade. O alcalde, Fernández Lores …

    … e a portavoz socialista, Teresa Casal, firmaron o acordo de goberno o pasado sábado deixando atrás dous meses e un día de largas negociacións.Tempo no que ambos partidos adicaron a negociar as pautas para casar os seus programas políticos. O acordo de goberno inclúe as bases políticas e de funcionamento da coalición, os principios programáticos e o reparto das áreas de xestión.

    Os seis concelleiros socialistas, os seis nacionalistas e o alcalde repartiranse 26 áreas de goberno, 13 para cada grupo. O urbanismo será compartido; o Bloque Nacionalista asumirá a ordenación do territorio, as infraestructuras e o novo PXOM e os socialistas a xestión urbanística e o planeamento ordinario. Ademais o bloque levará as obras e demais actuacións no ámbito urbano e o partido socialista as que afectan ó medio rural. A xunta de goberno estará formada polo alcalde e catro concelleiros de cada forza política. O que queda aínda que decidir é a quen se lles outorgarán as dedicacións exclusivas.

    Redacción Salnés