O Vilagarcía arranca o mundial cunha sexta posición

platu250_300909.jpgSALNÉS> O Vilagarcía dos irmáns Paz arrancou entre os mellores no Mundial de Platú 25 que se celebra en Punta Ala (Italia) e colocouse sexto do seu grupo na única manga disputada onte. Hoxe prevese que se poidan disputar catro regatas máis.

Bo arranque do Vilagarcía, o Platú 25 dos irmáns Paz, no mundial da Clase que estes días se disputa na Toscana italiana, en Punta Ala. A falta de vento marcou a xornada inaugural. A organización tivo que retrasar en cinco horas a saída da primeira e única manga do día.

A media tarde dábase finalmente a saída ós dous grupos. No Amarelo, O Vilagarcía non tivo unha boa posta en escea e quedou rezagado. Sen embargo os do Liceo Casino mantiveron a calma e souberon ir remontando posicións progresivamente. Decimoterceiros eran tralo paso pola primeira baliza, séptimos despois da segunda e quintos na terceira e última. Encarando xa a liña de meta efectuaron unha maniobra arriscada co obxectivo de seguir adiantando posicións pero iso custoulles unha praza e caeron ó sexto lugar.

O Kyra alemán levouse a victoria neste grupo amarelo. O Vilagarcía foi o mellor dos españois por diante do Iberdrola de Manu Weiler.

Mentres, no Grupo Azul, hexemonía española. Victoria para o Bribón de Marc de Antonio, seguido polo Iberconsa de Ramón Ojea e o Tuypan Caixanova Man de Alberto García.

Para hoxe hai outras catro mangas programadas pero o vento, ou máis ben a súa ausencia, podería ser de novo protagonista e impedir o avance normal da competición.

Redacción Salnés