O Balonman.com, acuciado polas baixas, non pode co Carballal

SALNÉS> Como ven sendo xa habitual, o Balonmán.com deixouse os puntos na pista do Carballal mentres que o Rasoeiro volveu pola senda do triunfo tras impoñerse na casa ó Galicia Social.

O Balonmán.com caeu en Vigo ante o Carballal por 34-32. Partido no que os meañeses deron a cara pese a desprazarse con tan só nove efectivos e polo tanto só dous recambios no banquiño, o que puxo moi costa arriba o choque dende o inicio.

E é que durante esta semana confirmáronse dúas novas baixas, que se suman ás catro que contabilizaba xa o equipo. Os dous últimos en caer foron o porteiro Cimadevila e o central Javi Suárez, que ficharon polo Chapela de Primeira Nacional para intentar o ascenso a División de Prata.

Ante o Carballal, con pouca cousa en xogo despois de perder as opcións de ascenso, os de Pedro Pérez comezaron mandando no marcador por 2-5 no primeiros compases, pero o cadro local reaccinou rapidamente para empatar o choque (6-6) antes do minuto 10. A partir de ahí os vigueses acadaron unha renta de tres tantos que xa non perderían no resto do partido. Intentárono os meañeses pero non foron quen de recurtar diferencias.

Siguen penúltimos na fase polo título. A semana que ven recibirán ó Atlético Novás.

Victoria cómoda para o Rasoeiro ante o Galicia Social. Os grovenses racharon cunha xeira de tres empates consecutivos e mantéñense invictos na fase de permanencia.

Non arrancaron ben os pupilos de Quito Parada ós que lles custou entrar no partido. Pese á boa defensa local, o ataque non funcionaba e iso fixo que chegaran por abaixo ó descanso, 9-10. A partir de ahí, os mecos foron un auténtico vendaval e machacaron ó seu rival cun parcial no segundo tempo de 19-10, para acabar gañando por 28-20.

Nacho e Martín, con 7 tantos cada un foron os máis destacados. A semana que ven visitarán a cancha do último clasificado, o Tirso Molina.

Redacción Salnés