A primeira oficina provincial do consumidor estará en Pontevedra

    oficina_consumo_pontevedra_100_290909.jpgPONTEVEDRA> O proxecto terá un custo de 75.000 euros e na súa execución colaboran a Deputación e o Instituto Galego de Consumo.

    {flowplayer}images/salnes/CONVENIO CONSUMO.flv{/flowplayer}

    O convenio ten por obxecto levar a cabo o desenvolvemento de acción para a inspección en consumo e control de mercado, especialmente na detección de produtos inseguros. Pero tamén promoverá accións para a mellora da información, formación e asesoramento ós consumidores e usuarios. A Directora do Instituto Galego de Consumo, Nava Castro, afirmou que o proxecto era necesario xa que en Pontevedra realízanse o 36% das reclamacións de toda Galicia.

    Pola súa banda, o presidente da Deputación, Rafael Louzán, mostrouse orgulloso pola firma do acordo. Salientou que xa era hora de que Pontevedra tivese unha oficina provincial con este servizo. Louzán, afirmou que tamén se levarán a cabo actividades formativas ó longo do ano dirixidas ás familias e ó comercio minorista para buscar ferramentas que permitan paliar as consecuencias da crise.

    A atención directa ós cidadáns levarase a cabo na Deputación provincial, cubrindo así as carencias do concello. A oficina de consumo vai prestar servizo e asesoramento ós cidadáns da capital e ós concellos da provincia, especialmente ós que carezan de Oficina Municipal de información ó consumidor.

    Redacción Salnés