Cortegada e Thetrend Social amplían o seu acordo

VILAGARCÍA> A Agrupación Deportiva Cortegada e Thetrend Social fixeron pública a renovación do seu contrato de patrociono. O novo acordo contempla a ampliación do patrocinio ós conxuntos de base e o cambio na denominación do primeiro equipo, que pasará a chamarse Feel Cortegada.

{flowplayer}images/salnes/Cortegada_080512.flv{/flowplayer} 

O Thetrend Cortegada será historia trala fase de ascenso desta fin de semana. Non é que o club desapareza, senón máis ben todo o contrario. A empresa patrocinadora, Thetrend Social, decidíu que o equipo leve na 2012/13 o nome dunha das súas marcas filiais, Feel. Polo que o vindeiro ano o primeiro equipo pasará a chamarse Feel Cortegada.

Un patrocionio que farase extensible ós conxuntos de base. A data elexida para esta presentación recalca o compromiso do patrocinador co club, que di que suceda o que suceda na fase, seguirá co Cortegada. Unha grandísima nova para o conxunto vilagarcián que ata boa parte do seu orzamento para a temporada que ven.

Pese á presencia de Pepe Vázquez e Montse Gilabert, na rolda de prensa non se falou do aspecto deportivo e dos encontros da fase. Sí que se pensa dende o club na posibilidade de que o equipo ascenda un ano despois de ter renunciado á praza na máxima categoría. A decisión non está tomada aínda e se hai que facelo será con responsabilidade e coherencia. 

A partir de agora o baloncesto e as xoxgadoras son as que acapararán o protagonismo. O xoves arranca a fase, cun encontro en horario matutino, ás 10:45, ante un rival ben coñecido e complicado de batir, o Coelbi Bembibre.

Redacción Salnés