O Grove recibirá un millón de euros da Deputación

    louzancacabelos.jpgPONTEVEDRA> O presidente da Deputación provincial, Rafael Louzán, recibiu esta mañá, ó alcalde de O Grove, José Antonio Cacabelos.

    {flowplayer}images/salnes/REUNION_ LOUZAN_ CACABELOS.flv{/flowplayer}

    En Pontevedra produciuse un dos encontros máis esperados dende hai dous anos. Rafael Louzán e José Antonio Cacabelos reuníronse baixo un clima de gran expectación. O alcalde de O Grove valorou o encontro como moi positivo para as relacións entre as dúas institucións. Así mesmo, espera e confía en que os proxectos presentados saian adiante pronto.

    Pola súa parte, o presidente da Deputación, Rafael Louzán, declarou que o encontro entre as dúas institución foi cordial e que prodúcese no momento axeitado. Engadiu que o método de presión por sistema realizado polo concello de O Grove non era a mellor arma para o diálogo. O alcalde de O Grove presentou a Louzán unha serie de proxectos ben definidos nos ámbitos do deporte, no turístico cultural e de infraestruturas.

    A remodelación do campo de fútbol, a piscina municipal, a recuperación da ruta dos molinos o acceso a Internet vía Wimax, entre outros, recibirán unha inversión de un millón de euros. O plan máis valorado polas dúas institucións, é o proxecto pousadas. Unha actuación social sen precedentes

    O Concello e a Diputación confían en que continúe un bo clima de diálogo entre as dúas institucións.

    Redacción Salnés