A POBRA> Os traballadores do polígono da Pobra tiveron ocasión de aportar ó seu gran de area ó sistema sanitario. A entidade de conversación da Tomada solicitou a presenza da unidade móbil de doazón de sangue nunha experiencia piloto en colaboración coa Axencia de Doazón de Órganos e Sangue de Galicia.
Unha unidade móbil de doazón de sangue instalouse esta mañá no polígono da Tomada no marco de colaboración entre a entidade de conservación do parque empresarial e a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue.
Tratábase dunha experiencia piloto neste polígono pero que xa se ven realizando con éxito noutras grandes empresas e áreas industriais da comarca. De feito, o xefe de xestión de colectas da Axencia destacou a gran implicación da veciñanza da comarca que sempre participa nas campañas de doazón con índices superiores á media autonómica.
Tras esta primeira experiencia non descartan iniciar unha colaboración futura co traslado periódico da unidade móbil ó polígono da Tomada.











