O BNG denuncia o deterioro actual da Torre de Bermúdez

    POBRA> Reclama do Concello unha actuación de urxencia que garanta a conservación deste edificio catalogado como Monumento histórico-artístico de interese nacional.

     

     

    A través dunha moción que levarán ó vindeiro pleno, o BNG da Pobra mostra a súa preocupación polo estado de deterioro que presenta actualmente o edificio da Torre de Bermúdez, sede do museo Valle-Inclán. Para os nacionalistas trátase dun exemplo máis do nulo interese do actual equipo de goberno pola conservación e posta en valor do patrimonio histórico artístico existente no municipio.