Ribeira terá que agardar polo seu cuarto xulgado

RIBEIRA> Ribeira terá que agardar. O Goberno Central aprobou a creación de tres novas unidades xudiciais en Galicia pero ningunha delas no Barbanza a pesar das reiteradas peticións dos colectivos profesionais ante o gran índice de dependencia que acumulan as salas ribeirenses tanto no civil como no penal.

Serán os partidos xudiciais de Lugo, Vigo e A Coruña os que conten con tres novos xulgados de primeira instancia.

O Consello de Ministros aprobou un total de 70 unidades xudiciais en toda España co fin de atender e resolver a alta carga de traballo existente na Administración de Xustiza en todo o territorio nacional.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí