‘O diñeiro do Salnés vaise para pagar apoios ó Goberno de Zapatero’

    valoracion_orzamentos_pp_100_061009.jpgVILAGARCÍA> O deputado nacional do PP, Jesús Pérez Arca, considera que os Orzamentos Xerais do Estado para 2010 son ‘restritivos’ con Galicia e O Salnés.

    {flowplayer}images/salnes/061009_valoracion_orzamentos_pp.flv{/flowplayer}

    Proxectos que figuran ano tras ano nos orzamentos sen que se cheguen a executar, a subida de impostos e a dotación económica para a Lei de Dependencia. Estas son as principais críticas do Partido Popular á partida presupostada polo Goberno Estatal para Galicia, e en concreto, para a comarca do Salnés, de cara ó 2010. A nivel galego, o deputado nacional Jesús Pérez Arca cualifica estes orzamentos de restritivos, pois a partida económica fixada é un seis e medio por cento inferior á do 2009. Aínda que para Pérez Arca isto non é o máis grave. O popular denuncia que o goberno central apenas inclúe novas actuacións no Salnés, ademais de destinar importantes cantidades para financiar obras que xa se contemplaron en presupostos anteriores e seguen sen executarse. ¿Qué ocorreu con estes cartos? Pérez Arca apunta: ‘O diñeiro do Salnés vaise para pagar apoios e favores ó Goberno de Zapatero para manterse no poder a toda costa’.

    Ós populares tampouco se lles escapa a crítica á subida de impostos anunciada polo Goberno Estatal. Unha medida cualificada de antisocial por non distinguir, segundo eles, entre niveis de renda.

    Por último, a deputada autonómica Marta Rodríguez cargou as tintas contra a medida social estrela do Goberno de José Luis Rodríguez Zapatero: A Lei de Dependencia. Como explica Rodríguez, para facerlle fronte no 2010, Galicia precisaría 440 millóns de euros, mentres que os orzamentos xerais contemplan menos de 100 millóns. Isto significa, segundo a deputada autonómica, que o Goberno Central, en lugar de asumir o 50 por cento do custe da Lei só se está a facer cargo do 20 por cento. Fronte a isto, a popular contrapón a xestión da actual Xunta.

    Desde o PP consideran que estes orzamentos teñen como obxectivo servir de tapadeira ós erros do Goberno Central en política social e económica, e piden o apoio de tódalas forzas políticas do Salnés para que as obras presupostadas para o 2010 se leven todas a cabo.

    Redacción Salnés