A CIG pon o foco neste 25N na precarización dos traballos de coidados

VILAGARCIA> A CIG pon o foco neste 25N na precarización dos traballos de coidados. A central nacionalista enténdea como outro xeito de violencia machista. Reclaman medidas por parte das administracións para poñer fin  a un traballo, din, invisbilizado. Ademais, dende o sindicato fan un chamamento á participación o vindeiro 25 de novembro nas distintas mobilizacións convocadas na nosa cortorna.

Todos necesitamos ou necesitaremos coidados nalgún momento. A CIG centra a súa campaña do 25 de novembro naquelas persoas, case sempre mulleres, que se encargan de coidar a quen o precisa. Na central nacionalista din que son empregos invisibilizados, que nin se recoñecen nin se valoran. Dito doutro xeito: estamos ante outra forma máis de violencia contra a muller.

Na CIG reclaman que estas traballadores se integren no Consocio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, que se recoñezan os seus dereitos laborais e que gocen de salarios dignos. Culpabilizan da súa situación ó Estado, á Xunta e ós goberno locais.

Dende a central fan un chamamento á participación o vindeiro luns, coindicindo co Día Internacional coa Violencia de Xénero, nos diversos actos e mobilizacións. No caso de Vilagarcía, a CIG ten prevista unha concentración ás 12 na praza de Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí