SANXENXO> Deputados provinciais do Partido Popular elixiron Sanxenxo para a anunciar aos medios a moción que presentaran de cara ao vindeiro pleno relacionada co turismo. Deputados provinciais do Partido Popular instan a Deputación de Pontevedra a crear unha Mesa Provincial de Turismo, coa que se debería traballar para desestacionalizar o turismo a marxe das cores políticas ou as ideoloxías e recordan que a marca Rías Baixas funciona grazas ao sector turístico. Para Ángel Moldes nesa mesa deberían de participar tamén os alcaldes dos concellos turísticos, ademais o popular afirmou que esa condición municipio turístico debería de terse en conta a hora de deseñar o Plan Concellos. Os populares fixeron un chamamento a Carmela Silva para que reciba aos alcaldes e teña en conta as súas opinións, ademais criticaron que Telmo Martín aínda non fora recibido no Pazo Provincial agora que é o alcalde de Sanxenxo e que ten asuntos pendentes co ente provincial, como o remate da Avenida Luis Rocafort.
Inicio Salnés - Caldas