A Festa da Navalla da Illa repartirá 1.200 quilos deste marisco

    navalla_illa100_230709.jpgA ILLA> Os clubs de piragüismo e baloncesto da Illa organizan esta fin de semana a Festa da Navalla.

    {flowplayer}images/salnes/navalla_illa.flv{/flowplayer}

    A ILLA> A Illa de Arousa preparará esta fin de semana 1.200 quilos de navalla na cuarta edición da festa dedicada a este marisco.

    O sábado e mailo domingo a partir das once pola mañá e das seis e media pola tarde serviranse racións de navalla, tortilla, empanada e paella, todo elaborado de xeito tradicional e a prezos populares. Este ano está organizada polos clubs Baloncesto Dorna e Piragüismo Illa de Arousa, que aproveitarán as ganancias da festa para financiar os seus proxectos deportivos. Entre os dous clubs forman a un total de 300 rapaces.

    Para esta cita gastronómica conseguiron mobilizar a 120 persoas, que atenderán ó público nos stands do Xufre. Os clubs contan coa colaboración doutras asociacións e empresas da Illa, amais de institucións como a Deputación de Pontevedra ou o Concello. A festa desenvolverase no Paseo do Cantiño, no Xufre, e estará amenizada pola Banda de Gaitas Malveiras de Carril e pola Escola de baile Tradicional da Asociación Dorna da Illa.

    Redacción Salnés