Unha avalancha de solidariedade evita que a familia desafiuzada de Portonovo acabe na rúa

SANXENXO> Avalancha de solidariedade a que recibiu a familia de Portonovo en risco de desafiuzamento. Co apoio recibido a familia poderá saldar a súa débeda, pagar o aluguer dunha nova casa durante os vindeiros meses e darlle un bo nadal ao seu fillo Adrián. As axudas chegaron de todas partes do mundo, entre elas, o pianista internacional James Rhodes.

Avalancha de solidariedade. Esa foi a resposta que a familia de Portonovo en risco de desafiuzamento recibiu de xente de todo o mundo. Numerosas persoas contactaron coa familia para colaborar con eles, a súa situación cambiou en tan só uns días.

A familia poderá pagar agora a súa débeda e mudarse á nova vivenda.

O principal apoio desta familia chegou da man da veciñanza de Portonovo. Grazas a unha nai dun compañeiro de colexio do seu fillo Adrián, a familia terá unha nova vivenda. Pero as axudas chegaron dende todos os puntos do mundo, asegurando os vindeiros meses de aluguer. A colaboración máis sorprendente chegou do pianista internacional James Rhodes, a familia non o cría cando o artista contactou con eles.

En conversa co canal rías baixas, o artista mostrouse sorprendido de que non sexan as administracións as que axuden as familias cunha situación tan delicada. As aportacións da xente desbordou á propia familia, que doará parte da comida e dos xoguetes recibidos a outras familias que tamén o necesitan.

A cadea de solidariedade xurdida con esta familia non se detén, segundo contan, moitas persoas puxéronse en contacto con eles para realizar campañas de recollida de alimentos e xoguetes para doar aos máis necesitados.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí