Xunta e concello acometerán a mellora da gardería de Rianxo en agosto

    RIANXO> Técnicos do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar e do concello de Rianxo supervisaron as instalacións da escola infantil da localidade. A Xunta acometerá unha actuación estrutural para acabar coas filtracións mentres que a administración municipal asumirá as tarefas de mantemento e conservación. A xuntanza mantida o pasado venres entre o alcalde de Rianxo e o xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar traduciuse na visita dos técnicos autonómicos que este luns desprazáronse ata a gardería rianxeira. Acompañados dos técnicos municipais inspeccionaron as deficiencias que presenta o centro. A máis grave reside nun problema de filtracións na entrada do inmoble que a Xunta comprometeuse a solucionar coa maior celeridade. Pola súa banda, o concello tamén aproveitará o mes de agosto no que pecha a escola infantil para realizar traballos de mantemento, limpeza e conservación das instalacións. A boa colaboración entre administracións así como da propia construtora da gardería que tamén se interesou polas obras a acometer permitirá minimizar o impacto destas deficiencias de cara ós usuarios.