RIBEIRA> O alcalde de Ribeira tende á man ós hostaleiros para promover conxuntamente actividades que compensen as perdas derivadas do antroido, tras aprobar que o martes de carnaval non será festivo local. Dende o concello non entenden a actitude dunha parte do sector que está a organizar actividades sen solicitar o apoio nin o permiso municipal.
Trala aprobación dos festivos locais para 2019, numerosos hostaleiros e comerciantes de Ribeira iniciaron os contactos co alcalde para colaborar na programación de campañas e actividades que permitan compensar as perdas derivadas do martes de entroido que non será festivo o vindeiro ano. Neste sentido, Manuel Ruíz comprometeuse a manter e mesmo incrementar as actividades que favorezan a estes colectivos así como mesmo estudar unha rebaixa na taxa das terrazas.
Sen embargo, existe unha parte da hostalería que está a programar actividades de costas ó concello cando na maioría dos casos precisan de autorización municipal en canto a horarios e permisos.
A este respecto, o rexedor volve tender a man a toda a hostalería para retomar o diálogo co fin de seguir a dinamizar as distintas áreas de negocio.