Amigos de Galicia inaugura unha lavandería industrial

    lavanderia100_161009.jpgVILAGARCÍA> Amigos de Galicia inaugurou unha lavandería industrial, que permitirá entregar roupa limpa e planchada a máis de oito mil persoas.

    {flowplayer}images/salnes/lavanderia.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> Amigos de Galicia presentou hoxe en Vilagarcía, unha nova lavandería industrial, que permitirá que as máis de oito mil persoas que atende en toda Galicia, poidan recibir roupa lavada, planchada e embolsada. A posta en marcha deste novo servizo, permitiu tamén a contratación de dúas mulleres por un período dun ano, dentro dun programa formativo organizado pola fundación e subvencionado pola Consellería de Traballo. A lavandería estreouse hoxe cunha partida de roupa de nenos que foi recollida no colexio público de Rianxo.

    Ademais, a Fundación ten previsto contratar este mes a outras sete mulleres, entre elas unha traballadora social. A maior parte destas persoas teñen algún problema de exclusión social. Amais de roupa, Amigos de Galicia tamén reparte alimentos entre os máis necesitados. A fundación acaba de recibir preto de 14 mil quilos de alimentos dos Fondos Europeos, que distribuirá a través de Cruz Vermella ás familias beneficiarias do Plan de Axuda da provincia de Pontevedra. A isto hai que engadirlle 3.000 euros que achegou a Deputación para comprar alimentos, máis os 12 mil que investiu a propia fundación.

    Redacción Salnés