Ruíz nega ter incumprido o acordo plenario como afirma a oposición

RIBEIRA> O alcalde, Manuel Ruíz, non tardou en dar resposta. O rexedor afirmou que cumpriu escrupulosamente o acordo plenario, negando a acusación que se lle facía. Ademais aludiu a intereses políticos, que nada teñen que ver coa defensa dos intereses xerais da veciñanza de Ribeira.

Sen querer entrar en guerras e disputas, o rexedor sinalou que dende hai moitos anos Ribeira vén demandando unha solución ós problemas de saída do tráfico da cidade. E foi a propia Xunta a que iniciou os trámites para dar resposta a esta demanda.

O alcalde sinalou ademais que a empresa que realizou o estudo comparativo non comparou a estrada provincial entre Xarás e Frións porque actualmente non sirve para dar resposta ós problemas do tráfico de Ribeira.