A parroquia ribeiresa de Corrubedo xa dispón de local social

    localsocialcorrubedo_100_191009.jpgRIBEIRA> Ó acto inaugural acudiron numerosos veciños, así como tamén o propio alcalde, Xosé Luís Torres Colomer.

    {flowplayer}barbanza/localsocialcorrubedo.flv{/flowplayer}

    O alcalde de Ribeira, Xosé Luís Torres Colomer, foi o encargado de inaugurar o pasado venres pola tarde as obras de remodelación do edificio que albergaba o antigo colexio de Corrubedo, e que unha vez rematada a súa reforma, vai dar cabida ás distintas asociacións da parroquia para uso e disfrute dos seus veciños. A obra foi financiada na súa totalidade polo propio concello ribeirés e realizouse en dúas fases, investindo ó redor dun 250 mil euros.

    Durante o acto inaugural o alcalde, Xosé Luís Torres Colomer, que estivo acopañado por varios edís, entre eles Xosé Manuel Brión, e representantes de diferentes asociacións desta parroquia, así como amén por numerosos veciños, puido percorre-los distintos espazos dos que dispón este inmoble.

    Dúas plantas

    A planta baixa dispón de dúas aulas duns 75 metros cadrados de superficie nas que nun futuro se desenvolverán as actividades das distintas asociacións existentes nesta parroquia. A parte alta divídese amén en dúas zonas, nunha atópase ubicada a sede da Comunidade de Augas de Corrubedo, mentres que na outra está segmentada en catro locais máis pequenos que poderán ser ocupados polos colectivos da localidade que así osoliciten. Ademais no exterior do recinto instalouse un novo parque infantil e unha área de recreo.

    Redacción Barbanza