OUTES> Un veciño de Outes perdía a vida esta mañá ó caerlle enriba o tractor que conducía, cando intentaba acceder a unha finca.
O suceso producíase a mediamañá, no lugar de Sande de Abaixo. Tiña 70 anos.
Dende o o Concello mostraron o seu pesar por este fatal desenlace, trasladándolle o máis sentido pésame á familia do finado.
Ata o lugar do accidente trasladáronse efectivos do GES de Noia e do Parque de Bombeiros de Boiro, Garda Civil e Policía Local, así como tamén persoal médico de urxencias sanitarias de Galicia que, a pesar dos esforzos realizados, tan só puideron certificar o seu falecemento.











