BOIRO> O Partido Popular de Boiro celebrou onte pola noite no restaurante Chicolino o acto de presentación da súa candidatura para as próximas eleccións municipais.
Arroupado por numerosos militantes e simpatizantes desta formación na localidade, así como tamén da totalidade dos candidatos populares na comarca, Fernando García Diéguez, aludiu á idoneidade da súa lista e a necesidade de que o PP volva a recuperar a alcaldía, á deriva, segundo el, dende a chegada de Martiño ó goberno municipal.
No acto García Diéguez contou tamén coa presenza da conselleira de Política Social, Fabiola García, quen destacou a valía do candidato, segundo ela, con experiencia e bo xestor, traballando sen descanso na defensa dos intereses dos veciños.
Ademais comprometeu o apoio da Xunta para que Boiro conte coa tan demandada residencia.
No acto deuse a coñecer tamén ás persoas que integran a lista coa que os populares boirenses concorrerán ós vindeiros comicios municipais.
Unha lista moi renovada e heteroxénea, que incluirá a Nolo Romero, actual edil na corporación municipal, como número dous. De tres irá María Blanco.
Os postos catro e cinco serán para Alba Ferreiro e Juan Antonio Moledo, outro que repite. De seis Vanesa Somoza.
Pechando os dez primeiros postos con Alba Sayáns, David Reboiras, Ana Belén Moares e José Navarro.