Os libros convértense no mellor agasallo de Reis en tempos de pandemia

A POBRA> Aínda que os xoguetes son o regalo máis habitual nesta noite de Reis, non poden faltar os libros na nosa lista de agasallos. Os Reis Magos dispoñen dun amplo catálogo para elixir entre os últimos títulos da literatura infantil e xuvenil.

Que mellor regalo que un bo libro para esta noite de Reis? De seguro que as súas Maxestades levarán os sacos cargados de aventuras que vivir a través da lectura. Achegámonos ata a libraría Ler da Pobra para coñecer os títulos preferidos para agasallar nestas datas.

Isto en canto ós nenos. Para os adultos seguen a triunfar os best seller de Ken Follet ou a última novela de Arturo Pérez Reverte.

Calquera destas opcións ou das miles que se poden atopar entre estes estantes constitúen un acerto seguro á hora de agasallar ós nosos co pracer da lectura que se converteu nunha das mellores aliadas para as longas horas de confinamento que supuxo a pandemia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí