O alcalde da Illa xestionará en Madrid o avance da senda litoral

    191009_louro_na_illa100.jpgA ILLA> O delegado do goberno en Galicia, Antón Louro, supervisou esta mañá na Illa de Arousa as obras do Plan E.

    {flowplayer}images/salnes/191009_louro_na_illa.flv{/flowplayer}

    A ILLA> Dos seis proxectos presentados polo concello da Illa para ser financiados polo Plan E, Fondo Estatal de Investimento Local, tan só queda un por concluír: a dotación de gradas ó campo de fútbol de A Bouza. Esta mañá, o delegado do goberno en Galicia, Antón Louro, visitaba o municipio para comprobar o ritmo ó que marchan as obras.

    Antes mantivo unha xuntanza co alcalde e voceiros dos grupos políticos municipais para tratar outras actuacións prioritarias para o municipio, como é o caso da rehabilitación medioambiental da zona sur da Illa. Nestes intres estase a executar a primeira fase da senda litoral entre as zonas de O Carreirón e O Vao. Agora está pendente a adquisición dos terreos para iniciar a segunda fase.

    Outra das actuacións das que falaron durante esta xuntanza é a construción dun parking soterrado na praza do Regueiro como parte do proxecto de acondicionamento deste espazo. A construción destes aparcamentos implicará unha reordenación do tráfico nas rúas anexas á praza, coa fin de solucionar os problemas de tráfico que se rexistran na actualidade.

    Por último, o delegado do Goberno en Galicia adiantou que este venres, o Consello de Ministros aprobará un decreto polo que se dotará un novo Plan Estatal de Investimento Local con 5.000 millóns de euros para a dinamización económica dos municipios no 2010.

    Redacción Salnés