O Xacobeo 2010 aspira a situar Galicia no centro do mundo

    xacobeo_copia100.jpgSANTIAGO> O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, presentou esta mañá en Santiago, un avance da programación do Xacobeo 2010.

     {flowplayer}images/salnes/XACOBEO_2010.flv{/flowplayer}

    O acto de presentación levouse a cabo baixo unha gran expectación mediática. Asistiron preto de 60 medios de comunicación, entre eles 10 correspondentes internacionais. A través de actuacións musicais, bailes e vídeos, baixo a batuta de Silvia Jato, presentouse a programación estruturada nos 10 camiños que levan a Santiago, nove físicas e un interior. No seu discurso, o conselleiro de Cultura e Turismo, afirmou que todos somos peregrinos e camiñamos xuntos cara o ano santo. Varela formulou a súa esperanza de converter a Galicia no centro do mundo, nun espazo privilexiado de debate social, científico e cultural.

    Pola súa parte, o presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo declarou que o 2010 é a data de todos os galegos sen excepción.O presidente da Xunta engadiu que o Xacobeo recupera o máis fondo espírito peregrino, a xenerosidade.

     Ó final do acto, Feijóo acendeu o reloxo que marca a conta atrás para a chegada do ano do Xacobeo. Despois, posou xunto cos representantes de tódolos alcaldes da comunidade na tradicional foto de familia.

    No 2010 comeza unha aventura colectiva de galegos e foráneos cun destino común, Santiago de Compostela.

    Redacción Salnés