O CIM centra o mes de marzo no fomento do emprendemento feminino

CAMBADOS> O Centro de Información á Muller do Salnés xa ten lista a programación para conmemorar o 8 de Marzo. O emprendemento feminino terá un peso fundamental nas actividades que teñen preparada. Ademais, o acto central será o 8M, coa tradicional lectura do manifesto.

O mes de marzo bulirá de actividades para conmemorar o Día Internacional da Muller. O CIM da Mancomunidade do Salnés presentou hoxe a súa programación, na que terá un especial peso o emprendemento feminino.

Relacionados co fomento do emprendemento, o 7 de marzo celebrarase o terceiro Fast Dates entre Mulleres no edificio de Exposalnés. Ademais, os concellos de Vilanova, Cambados, Ribadumia e Meis acollerán cadanseu Almorzo de emprendemento Feminino.

O día 8 de marzo celebraranse os actos centrais para conmemorar o Día Internacional da Muller, coa lectura do manifesto nos catro concellos. Marzo despedirase o 28 en Ribadumia co simposio Igualdade sen Fronteiras.

Estas accións compaxinaranse coas actividades nos centros educativos e un obradoiro de autoestima.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí