SANXENXO> A conselleira de Sanidade Pilar Farjas asegura que o cambio da consulta de Portonovo a Vilalonga se fixo en beneficio dos usuarios.
{flowplayer}images/salnes/INAUGURACION_CENTRO_SAUDE_VILALONGA.flv{/flowplayer}
‘Das galegas e os galegos de hoxe, para a Galicia de Mañá’. Así reza a placa conmemorativa situada ás portas do novo centro de saúde de Vilalonga. Está en funcionamento desde o pasado verán, pero foi esta mañá cando se procedeu á inauguración oficial coa visita da conselleira de Sanidade Pilar Farjas. Logo dun percorrido polas instalacións, tanto a titular da Xunta como a alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González, coincidiron en salientar a modernidade e funcionalidade do novo ambulatorio.
O centro conta con nove consultas e nel prestan asistencia dous médicos, dúas enfermeiras, un efectivo de servizos xerais e dous veterinarios de Saúde Pública. Unha das medidas que levantou algunhas críticas hai meses, foi o traslado a estas instalacións do servizo de odontoloxía que ata entón se ofrecía no centro de Portonovo. A conselleira defendeu o cambio argumentando que se fixo pola comodidade e mellor atención ós pacientes.
Farjas tamén aproveitou para salientar os beneficio que está reportando a implantación do novo catálogo de medicamentos. Segundo a conselleira, entre xaneiro e febreiro os centros de saúde de Pontevedra aforraron preto de 3 millóns e medio de euros con respecto ó ano pasado, unha contía que será investida na mellora da asistencia sanitaria pública.
Redacción Salnés