Detido un mozo da Pantrigueira nunha redada policial

    redadavilanova_100_090909.jpgVILANOVA> Víctor García Paz, alias ‘Vitriño’, foi arrestado no domicilio dos seus pais. Con apenas 27 anos, conta xa cun amplo historial no tráfico de drogas.

    {flowplayer}images/salnes/090909_ampliacion_nova_redada.flv{/flowplayer}

    Roldaban as catro da tarde cando os veciños da Pantrigueira en Vilanova, escoitaron un helicóptero sobrevoando os seus fogares. Logo, dous furgóns dos antidisturbios, varios vehículos da Policía Nacional e unha unidade de rastreo canina irrompían nesta vivenda unifamiliar propiedade de Manuel García Hermida. O amplo despregue tiña como obxectivo o rexistro do inmoble, no que apunta a unha presunta operación contra o tráfico de drogas a mediana escala. Despois de catro horas de rastreo, cara as oito da tarde, os axentes abandonaban o domicilio levándose detido a Víctor Manuel García Paz, máis coñecido como “Vitiño” e fillo do dono da casa. A continuación procederon ó rexistro do seu coche.

    Pero a operación non rematou aquí. De Vilanova os axentes trasladáronse a Vilagarcía para inspeccionar outro piso propiedade da familia. Tamén neste caso se desprazaron os dous furgóns policiais e a unidade canina.

    Con apenas 27 anos, Víctor García Paz conta xa cun amplo historial no tráfico de drogas. En xullo do 2005 foi detido xunto a outras dúas persoas do País Vasco por un delito vinculado ó narcotráfico e meses despois en outubro, volveu a ser arrestado no marco da Operación Pila. Nesa ocasión a Policía tamén rexistrou o mesmo inmoble de Vilagarcía no que entraron onte. Entón, os axentes descubriron un millón e medio de euros gardados nun armario, 25 gramos de cocaína, teléfonos e varios coches de alta gama.

    Redacción Salnés