Sanxenxo Degusta Tapas rolda o medio cento de propostas na súa edición máis ambiciosa

SANXENXO> 

Tan só unha semana despois do Portonovo Gastronómico, Sanxenxo volve converterse nunha das grandes referencias da nosa contorna para gozar dos mellores petiscos. Dende este venres arranca a XIV edición do Sanxenxo Degusta Tapas. Trátase dun ano de récord, coa participación de 28 establecementos, ofrecendo 44 tapas.

Esta mañá, os establecementos que participan nesta edición amosaron ao público algunhas das propostas coas que se presentan a concurso. A proposta divídese en dúas partes, con petiscos tradicionais e outras creativas. Estas son algunhas das propostas…

Ata o vindeiro 1 de xuño poderanse degustar estas tapas a un prezo único de 4 euros. Os clientes poderán ir localizando os petiscos a través do Degusta Mapa, coa posibilidade de facerse con distintos premios logo de votar polas súas propostas favoritas.

As persoas que queiran participar terán opción de entrar no concurso a partir das cinco tapas.