O executivo sonense mellora a accesibilidade ó núcleo de Tarrío

mellorastarrio_100_201009.jpgPORTO DO SON> A obra, presupostada nuns setenta mil euros, foi financiada integramente pola Deputación da Coruña con cargo ó POS do ano 2008.

{flowplayer}barbanza/mellorastarrio.flv{/flowplayer}

Evitar que se volveran repetir casos como o dunha veciña que tivo que ser trasladada varios metros en padiola á ambulancia, ó non poder acceder este vehículo ata a súa vivenda debido á estreitez do camiño, foi unha das principais razóns que levaron ó executivo sonense a realizar esta obra. A actuación, dentro do Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña para o ano 2008, foi realizada pola empresa local Río Sieira e o seu presuposto ascendía a uns 70 mil euros. As obras levadas a cabo incluiron, ademais do ensanchamento de varios accesos, a mellora das canalizacións e un novo pavimento.

Colaboración veciñal

O propio rexedor valorou moi positivamente o resultado da actuación, xa que provocou un cambio significativo no núcleo de Tarrío. Manuel Tomé quixo agradecer tamén a inestimable colaboración dos veciños, moitos dos cales cederon parte das súas propiedades para que a obra puidera levarse a cabo.

Redacción Barbanza