A Deputación aumentará a seguridade vial da estrada do Camiño Ancho

    deputacionarranxovialpobra.jpgPOBRA> Os veciños do lugar da Pedreira denuncian a perigosidade dun treito da estrada CP 6703 que carece de beirrúas.

    Acompañado dos edis da agrupación municipal socialista de A Pobra, o responsable de Infraestruturas da Deputación de A Coruña, Bernardino Rama achegouse este sábado ata o lugar do Camiño Ancho para falar cos veciños do lugar da Pedreira por mor da carencias que presenta a estrada que CP 6703.

    {flowplayer}/barbanza/deputacionarranxovialpobra.flv{/flowplayer}

    Este vial, moi transitado por vehículos, dado que une o centro urbano da Pobra co polígono de A Tomada e a entrada Norte da Autovía, carece de sinalización vertical e horizontal, e non ten nin beirrúas nin pasos de peón. A estreiteza do vial obriga aos viandantes a ter que camiñar polas cunetas. 

    Recollida de sinaturas

    O veciños puxeron en coñecemento de Rama de que levan tempo movilizándose para denunciar esta situación. Xa recolleron máis de dúascentas sinaturas para demandar a dotación de elementos de seguridade vial neste tramo da estrada.

    Tras coñecer a denuncia veciñal e inspeccionar a zona, Bernardino Rama comprometeuse a redactar un proxecto para mellorar a seguridade no lugar. Con todo, o responsable de Infraestruturas da Deputación advertiu se trata dun proceso longo, dado que se deberán tramitar perante a Xunta de Galicia a declaración urxente da ocupación dos terreos lindeiros para poder proceder a súa expropiación.

    Redacción Barbanza