A Xunta continúa coa mellora da seguridade viaria na Avenida da Coruña

    RIBEIRA> A actuación, incluída no denominado Plan Hurbe, conta cun orzamento duns douscentos mil euros. A actuación, incluída no denominado Plan Hurbe, ten coma principal finalidade mellorar a seguridade viaria neste vial, un dos principais accesos á cidade. Trátase xa da terceira fase levada a cabo na zona e comprende o tramo entre o cruce coa rúa Vionta e o cruce coa rúa Estrada a Praia. Dende a Xunta aludiron á importancia do proxecto, xa que ademais da súa mellora estética, conlevará a renovación das beirarrúas e os servizos, así como a supresión de barreiras arquitectónicas. O alcalde agradeceu a implicación da Xunta nesta obra que virá a mellorar a seguridade do tráfico nunha zona especialmente problemática de especial intensidade de tráfico ó situarse nunha das vías de entrada e saída do municipio. A intención do Concello pasa por continuar esta actuación coa unión dos dous carrís bicis existentes na zona, o do Touro con Coroso, a través da mellora prevista para a Avenida do Malecón e posteriormente coa parroquia de Palmeira. A actuación, cun orzamento de preto dos 200 mil euros, estará rematada a finais deste mes de novembro, cumpríndose así os prazos previstos ó inicio das obras.