Ribeira é o concello arousán con máis afiliados ó réxime especial do mar

    RIBEIRA> Ribeira é o concello arousán con maior número de afiliados ó réxime especial do mar, cun total de 1.483 persoas. O dato foille trasladado ó alcalde, Mamuel Ruíz, polo director do Instituto Social da Mariña en Vilagarcía, Carmelo Castro, durante unha xuntanza mantida entre ambos. A Ribeira séguenlle Cambados con 1.342 afiliados, Vilagarcía con 1.076 ou a Illa de Arousa 1.068. No último ano o número de afiliados en Ribeira veuse incrementado ademais en 165 persoas. Un feito que, segundo manifestou o propio rexedor ribeirense, evidencia que, a pesar das dificultades económicas, Ribeira segue a ser un referente da actividade pesqueira e marisqueira da zona. Aspecto que ademais agarda sexa continuado coa posta en funcionamento da nova lonxa, instalación para el clave no impulso do sector e na mellora da comercialización dos produtos do mar.