O PSOE de Lousame reclama a ampliación da ponte de Aldea Grande ó Couto

    LOUSAME> Os socialistas reclaman unha actuación urxente na zona debido ós problemas de fluídez de tráfico neste punto, onde se produce un estreitamento. Segundo denuncian o proxecto de mellora do vial de titularidade provincial DP-4.202 levado a cabo hai varios anos quedou incompleto na zona da ponte, debido á necesidade de elaborar unha actuación de maior envergadura que posibilite a ampliación da infraestrutura e con ela o ensanchamento do vial. Os socialistas recollen o malestar de moitos usuarios desta estrada ó tratarse dun dos puntos negros da rede viaria local. Dende o PSOE reclámanlle ó Concello que tome cartas no asunto e solicite a realización desta actuación á máxima urxencia posible.