O furtivismo segue a preocupar ó sector

    visitaconselleiramarbarbanza_100_26102009.jpgBARBANZA> A titular do Mar visitou as confrarías de Palmeira, a Pobra do Caramiñal, Cabo de Cruz e Rianxo onde mantivo encontros cos responsables dos distintos pósitos.

    {flowplayer}barbanza/visitaconselleiramarbarbanza.flv{/flowplayer}

    Segundo sinalou hoxe a Conselleira do Mar, Rosa Quintana, despois de manter un encontro cos responsables de varios pósitos do Barbanza, os problemas que máis preocupan ó sector son a mellora das canles de comercialización e o furtivismo. Neste último aspecto Rosa Quintana referiuse ó Plan Autonómico contra o Furtivismo posto en marcha o pasado mes de xullo. A pesar de aumenta-los controis sobre as actividades extractivas legais aínda queda moito por facer, pedindo a colaboración de toda a cidadanía para poder conbater este problema.

    Redacción Barbanza