A crise da construción obriga a facer recortes na concellería de Urbanismo

    xerencia_sanxenxo_100_281009.jpgSANXENXO> A integración da empresa municipal de Vivenda e Solo na xerencia de urbanismo permitirá aforrar máis de 218.000 euros.

    {flowplayer}images/salnes/281009_xerencia_sanxenxo.flv{/flowplayer}

    A política de austeridade iniciada polo concello de Sanxenxo chega á carteira de Urbanismo e faino con recortes de gasto público e plantilla. De agora en diante, a empresa municipal de Vivenda e Solo Ínsula Sanxenxo, pasará a depender da Xerencia municipal de Urbanismo, un cambio que permitirá aforrar ás arcas municipais máis de 100.000 euros ó ano só en gastos de mantemento e persoal.

    O concello de Sanxenxo pretende así optimizar os recursos económicos dos que dispón. Ó integrar esta empresa na área de Urbanismo, aforraranse os custes que carrexaba o mantemento do local de Ínsula Sanxenxo, pero tamén implicará cambios na dirección. O cargo de coordinador desaparece, quedando só á fronte da empresa a figura do xerente. Isto implica que Juan Lorenzo, ata agora coordinador, pasará a ocupar a xerencia; e Rafael Vázquez, xerente de Ínsula Sanxenxo, volverá ó seu anterior posto de arquitecto municipal. A estes cambios únese a eliminación de dous postos de traballo.

    Redacción Salnés