MORAÑA> O campo de fútbol de Mirallos, en Moraña, terá nova imaxe. Xunta e concello colaborarán para reformar as instalacións e os accesos dende a súa contorna. A actuación será integral, e conta cun orzamento de máis de medio millón de euros.
O vindeiro ano, Moraña contará cun campo de fútbol renovado. Concello e Xunta colaboran na reforma integral das instalacións de Mirallos, sé oficial do Moraña Club de Fútbol, que contará cun orzamento de máis de medio millón de euros.
O proxecto contempla actuacións na contorna do campo. De feito, darase resposta a outra demanda deportiva do concello: a dotación dunha pista de atletismo.
Nesta actuación, o concello conta coa colaboración da Consellería de Medio Ambiente e da Secretaría Xeral para o Deporte. Ambos dirixentes destacaron a relevancia que este tipo de actuacións teñen en municipios pequenos como o morañés.
Este proxecto enmárcase no Plan Hurbe, posto en marcha pola Xunta no ano 2010. Tamén no seu marco, o 2016 Moraña recibiu outra achega de case 270.000 euros. Os cartos destináronse á reparación da cuberta do antigo mercado municipal, co obxectivo de darlle novos usos culturais.