O Salnés prepárase para acoller a partir do venres a fase final do campionato de seleccións rexionais da UEFA

SANXENXO> A federación galega de fútbol presenta en Portonovo a fase final da copa de rexións da Uefa. Unha competición que se disputará por todo o Salnés e na que se enfrontaran seleccións de diferentes rexións de Europa. A competición terá lugar do 9 ao 17 de xuño. A presentación tamén contou coa disputa dun partido no que participaron membros da federación, xornalistas e representantes políticos da comarca do Salnés.

Galicia será por primeira vez a sede da fase final da copa de rexións da Uefa. Un torneo que acolle ás mellores seleccións nacionais dos países de Europa. A competición disputarase na súa maior parte no Salnés.

No Salnés a competición terá lugar nos campos de herba natural de Portonovo en Sanxenxo, en Vilagarcía, Cambados e Ribadumia, con adestramentos tamén no campo da Illa de Arousa. Os diferentes concelleiros e alcaldes das vilas agradeceron a oportunidade de contar con estes encontros. A selección enfrontarase na primeira rolda aos equipos de Irlanda, Bosnia e Alemaña.

Na copa compiten xogadores das categorías rexionais dos diferentes países. Unha competición a nivel europeo que pon en valor o fútbol amataeur.

Os espectadores poderán gozar de partidos internacionais nos que Galicia aspira a conseguir o seu primeiro título.

A presentación do campionato pechouse cun encontro entre os membros da federación, representantes dos diferentes concellos e profesionais dos medios de comunicación. A competición oficial comezará o vindeiro día 9 e estenderase ata o día 17. 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí