Deputación e Concello impulsan o acondicionamento da contorna da estación de tren de Pontecesures

PONTECESURES> A Deputación de Pontevedra e o Concello de Pontecesures impulsan o proxecto de acondicionamento da contorna da estación de tren do municipio. Esta mañá o presidente provincial e a alcaldesa asinaron un convenio de colaboración para esta actuación. Conta cun orzamento que rolda o medio millón de euros, dos que a Deputación achegará o 75%.

Foi a primeira visita institucional do novo presidente da deputación ao Concello de Pontecesures. Un primeiro encontro que xa chegou cun convenio debaixo do brazo. Luis López e a alcaldesa cesureña asinaron un acordo para a mellora da contorna da estación do tren.

E dese total, A Deputación achegará o 75% e o concello, o 25 restante. Os fondos provincias proveñen do Programa de Infraestruturas e Dotacións Singulares para a Execución da Axenda 2030. O presidente aproveita para salienta-la autonomía dos concellos á hora de decidir onde actuar.

O proxecto contempla unha actuación global nesta contorna da rúa Estación. Unha mellora importante, di a alcaldesa, atendendo á densidade de poboación da zona e o seu volume de tránsito.

A previsión é que a obra poida comezar a comezos de ano, unha vez superado un trámite aínda pendente con Adif. A alcaldesa de Pontecesures aproveitou para poñer en valor a implicación da Deputación, agardando que esta sexa só a primeira mostra dese apoio que esta mañá lle comprometeu o presidente Luis López.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí