Esquerda Unida recolle reclamacións contra o Hospital comarcal

    hospital_salnes_copia100.jpgVILAGARCÍA> Dende o partido aseguran que con esta acción preténdese facilitar unha canle de diálogo entre os pacentes e as administracións.

     {flowplayer}images/salnes/HOSPITAL_SALNES.flv{/flowplayer}

    Con esta acción preténdese que as voces dos cidadáns sexan escoitadas polas administracións competentes en sanidade. O portavoz de Esquerda Unida, Juan Fajardo, asegurou que o hospital precisa de moitas melloras e que é hora de facer un investimento concreto e substancial para poder dar un bo servizo ós pacentes.

    Segundo os datos recollidos polos membros de Esquerda Unida máis de medio centenar de veciños acercáronse para expoñer as súas reclamacións. Entre elas destacan a falta de presenza de especialistas e as atencións en urxencias.

     Fajardo asegurou que os traballadores do hospital queixáronse da intención de abrila terceira planta do complexo sen aumentala dotación de persoal.

    Dende Esquerda Unida sentenciouse que continuarán a facer este tipo de iniciativas ata conseguir unha sanidade de primeira calidade.

    Redacción Salnés