Os servizos mínimos do transporte funcionaron con normalidade

    TRANSPORTE_ESCOLAR copia.jpgSALNÉS> No sector da automoción as estimacións provisionais dos sindicatos sitúan o paro nun 90 por cento.

    {flowplayer}images/salnes/TRANSPORTES.flv{/flowplayer}

    Un dos primeiros síntomas da folga xeral percibíase xa desde comezo da mañá nas estradas. O volume de tráfico descendeu de xeito notable, coa práctica ausencia de vehículos de gran tonelaxe e transporte de mercadorías. No tocante a transporte de pasaxeiros mantivéronse operativos os servizos mínimos establecidos por decreto pola Xunta, entre eles os autobuses escolares.

    Non circularon os autobuses que cobren liñas urbanas. Na comarca do Salnés só se mantiveron abertos os enlaces coas capitais de provincia, Pontevedra e Santiago, cun único percorrido de ida e volta, un pola mañá e outro pola tarde. As conexións ferroviarias estiveron pechadas en toda Galicia ata as doce desta noite e por aire, só se mantén operativo o aeroporto de Lavacolla con catro liñas aéreas habilitadas para hoxe.

    Redacción Salnés