Ata 3000 euros de sanción polas actitudes incívicas dentro da praza de abastos

    abastos100_040608.jpgCALDAS > A partires de agora haberá que coidar os modais nas prazas de Abastos. Un regulamento ó que xa se acollen moitos …

    mercados sancionará con multas de ata 3000 euros a todos aqueles usuarios ou comerciantes que se excedan no seu comportamento. A praza de abastos de Caldas de Reis xa está pór en marcha os trámites para a entrada en vigor deste regulamento. Coma sempre hai opinións en contra e favor.

    Pois sí, a partires de agora na praza de Caldas haberá que dar mostra de auténtico civismo xa que do contrario pódenos saír moi caro. Dende 750 euros ata 3000 é o que nos pode custar unha pelexa ou enfrontamento dentro do mercado da vila.

    Un regulamento ó que se acollen a maioría das prazas de Galicia. Unha iniciativa que xa está en marcha promovida pola asociación de placeiros de Caldas, e respaldada polo Concello, aínda que haxa que matizar algunhas cuestións. Unha decisión que levantou ampoias entre algúns usuarios , que ven a medida innecesaria.

    O voceiro da asociación de placeiros, Ramón Fresco, di estar molesto co tratamento que lle dou ó novo regulamento. A medida será consensuada a vindeira semana e en Xuño está previsto aprobala no pleno ordinario.

    Outros dos asuntos que a asociación de comerciantes tratará proximamente co alcalde será a negociación do vestiario dos vendedores e a revisión do seguro na praza de abastos que segundo a asociación, a cuota de demasiado elevada.

    Polo de agora o que hai que dar é bo exemplo do civismo que caracteriza os habitantes de Caldas, senón custaralle moi caro.

    Redacción Salnés