Javi Sánchez denuncia a Ramón Dacosta por agresión

cambados250.jpgCAMBADOS> O futbolista do Xuventude de Cambados Javi Sánchez decidiu finalmente de presentar denuncia contra o xogador do Covadonga Ramón Dacosta. O motivo é a agresión sufrida por Javi Sánchez ó remate do partido disputado o domingo no campo de Burgáns entre o Cambados e o Covadonga.

Ó parecer, cando o xogador cambadés se dirixía cara o vestiario, Ramón Dacosta deulle por sorpresa dous puñetazos na cabeza. Ambos futbolistas xa tiveran algún encontronazo no terreo de xogo pero o habitual en cada partido. Javi Sánchez conta co total apoio dos seus compañeiros de equipo e tamén da xunta directiva do Cambados, e ademais ten testemuñas do incidente. O futbolista do Covadonda nega os feitos.

Redacción Salnés