O Asmubal fai un chamamento ao Concello de Meaño para que apoie economicamente o proxecto do club

MEAÑO> A directiva do Asmubal Meaño fai un chamamento ao Concello para que apoie economicamente o proxecto do club de balombán. Denuncian que o actual garda silencio dende hai meses ante as súas peticións. Indican que, sen o seu apoio, o equipo terá serías dificultardes de cara a vindeira tempada, cando aspira a ter dous equipos nas máximas categorías a nivel nacional.

Con 13 equipos e máis dun cento de xogadores o Asmubal puxo a Meaño no mapa do balonmán a nivel español. Este nivel implica tamén un gran esforzo económico e aquí é onde a Directiva ten un problema. Denuncian falta de apoio por parte do Concello. Acusan ao alcalde de facer oídos xordos ás súas peticións.

A situación complícase para o club ante a posibilidade de que na vindeira tempada sexan dous equipos os que compitan a nivel nacional, co ascenso do senior masculino.

Explican que necesitan un patrocinio directo do Concello, tal como o que acordaran coa exacaldesa Lourdes Ucha no 2017. Para iso, mantiveron unha xuntanza co actual rexedor en xuño do ano pasado á que lle seguiu un escrito, presentado no rexistro. Tampouco aí obtiveron resposta oficial.

Tan só a presenza do equipo feminino na División de Horda de Prata, implica uns gastos de 40.000 euros e desprazamentos a Canarias.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí