Ribeira acollerá este domingo a Trail de San Alberte

RIBEIRA> Ribeira acollerá este próximo domingo a primeira das tres citas da Arousa-Revolution Trail Series 2015, concretamente a Trail de San Alberte. Na proba, presentada esta mañá no concello, tomarán parte uns 289 corredores. Baixo a organización da asociación Arousa Natureza e Ocio, este próximo domingo desenvolverase a terceira edición da Trail de San Alberte, a primeira das tres competicións das que conta este ano a Arousa-Revolutrion Trail Series. A cita foi presentada esta mañá no concello ribeirense. Alí déronse algún dos pormenores da carreira, na que hai inscritos un total de 289 participantes, que deberán completar un circuíto de 13 quilómetros e medio, con saída ás once da mañá dende a capela de San Alberte, e que percorrerá diferentes espazos deste municipio como son a Carballosa, Recovo ou Salmón, para volver posteriormente ó punto de partida. Un dos máximos favoritos para levarse a vitoria na proba será o padronés Lois Rodríguez, que tamén estivo na presentación, Segundo el trátase dunha carreira dura e moi rápida. Ademais de diversos agasallos previstos pola organización, os campións masculino e feminino srecibirán unhas figuras obra de Abraham Benítez que reproducen o petróglifo de Pedra das Cabras. A entrega de trofeos está prevista para a unha e media da tarde no Centro Recreativo de Artes, entidade a que, xunto á Asociación de Veciños de Carreira, dende a Arousa Natureza e Ocio e o propio concello quixeron agradecer tamén a súa colaboración ca carreira.