As infantís do Ximnasia Arousa proclámanse campionas galegas

ximnasia250.jpgA ILLA> O equipo infantil do Club Ximnasia Arousa da Illa acadou esta fin de semana o título autonómico da categoría no Campionato Galego de Base disputado en Ourense. O resultado permítelles clasificarse para o Campionato de España que se vai a celebrar en Córdoba. Cinthia Dios, Mariña Dios, Noelia Feijoo, Lara Otero e Paula Val …

… foron as ximnastas que formaron o conxunto infantil da Illa, que fixeron unha actuación brillante con pelota e con corda. O Esquío de Ferrol foi segundo e o Rías Baixas de Pontevedra terceiro. En Ourense tamén estivo o equipo júnior do club arousán, que participou na primeira fase do Campionato Galego de Conxuntos Federados e acadou un cuarto posto. A segunda dispútase en novembro en Vigo e Andrea Nieto, Andrea Chaves, Rosa García, Lisa Mougán e Cristina Vázquez buscarán un pase para o Campionato de España.

Redacción Salnés