Os veciños de Lesón fartos de esperar polo saneamento da parroquia

    saneamentosantacruz_041109.jpgPOBRA> A meirande parte da canalización está xa instalada, pero falta un tramo de tubaxe que impide que a rede entre en funcionamento.

    Tras numerosas reclamacións perante todas as administracións públicas, os veciños de Santa Cruz de Lesón conseguiron hai uns meses o seu obxectivo. O concello pobrés decidiu incluir a instalación da rede de sumidoiros no Plan E do goberno central.

    ‘A historia interminable’

    Hai unhas semanas os traballadores da empresa adxudicataria remataron os traballos de canalización, pero os veciños continúan sen ter o ansiado servizo. E que non acometeu un tramo de tubaría de pouco máis de douscentros metros e o entronque para coñecta a liña de canalizacións á rede xeral. Esta falta de planificación foi a gota que colmou o vaso da paciencia dos veciños que levan máis dun lustro loitando por acadar o saneamento para a parroquia.

    {flowplayer}/barbanza/saneamentosantacruz.flv{/flowplayer}

    O presidente da asociación de veciños recoñece o esforzo económico que supón para un concello a realización deste tipo de actuacións, pero, dixo, que dunha vez que se levan a cabo, se fagan, “tarde, mal e arrastro”. Dende o concello de A Pobra indicaron que os traballos de canalización que faltan comezarán a finais do mes de novembro.

    O concelleiro de obras, Manuel Castro explicou que non se puideron incluir no proxecto presentado para o Plan E dado esta actuación xa estaba comprendida noutra partida aprobada con anterioridade.

    Dende a asociación vecinal tamén se criticou a falta de autoridade do executivo local que non obriga aos veciños dos lugares da parroquia onde xa funciona o saneamento a realizar as acometidas a rede permitindo que sigan realizando vertidos ilegais.

    Redacción Barbanza